top of page

Un SAMAÍN SEGURO para os máis pequenos

Lugo_Monumental_-_Samaín_2020.jpg

APLAZADO

Polas novas restriccións sanitarias aprobadas no día de hoxe (30/10/20) aplázanse os actos de Samaín de Lugo Monumental

Lamentamos as molestias

Locales participantes no Truco o Trato do Samaín 2020

Locales por NOME

Locales por RUA

Listado de locales 2020 por RUA.jpg
Listado de locales 2020 por NOME.jpg

Este ano os máis pequenos poderán desfrutar dun Samaín seguro con Lugo Monumental.

Visitas guiadas nocturnas:

 

A guía oficial de turismo, Ana Mª Quintas, organiza visitas guiadas que terán lugar os días 30 e 31 ás 20:00 horas.

 

Visitaranse a Muralla e o exterior da Catedral dando as claves que levaron a ambos os monumentos para converterse en Patrimonio da Humanidade, e terminará a visita falando da tradicional festa de Samaín en Galicia.

- Custo da visita: 10 euros por persoa.

- O grupo será de 5 persoas por visita (número mínimo para que se realice a visita e tamén máximo para garantir a seguridade sanitaria).

- Teléfono de información e reserva para as visitas: 617 254 976.

 

Escenario do Terror:

Para evitar calquera perigo en lugar de facer un escenario interactivo colocaremos un gráfico, obra do artista Jesús Crende, autor da serie “Lugo Apocalíptico” (ao que agradecemos un ano máis a súa desinteresada colaboración), no escaparate de Cortinajes Carlos na rúa San Froilán.,

 

Os días 30 de setembro a 1 de novembro, os lucenses poderán acudir para fotografarse fronte ao fondo deseñado por Crende en que se pode ver unha terrible imaxe da Catedral de Lugo destruída.

Truco ou Trato:

  • En que consiste?

    • Non pode ser máis sinxelo: os nenos, disfrazados dos seus personaxes máis queridos ou dos monstros máis aterradores, irán polos máis de 50 locais colaboradores a trocar o seu bo comportamento por doces.

    • Cada local dispoñerá dunhas cestas de Samaín para regalar aos nenos que considere conveniente ao seu criterio, supoñendo un total de preto de 1.000 cestas para regalar aos nenos participantes que acudan disfrazados e que desa forma poidan recoller o seu doce botín.

  • Locais colaboradores:

    • Os locais colaboradores anunciaranse na web da Asociación, no enderezo www.lugomonumental.es e, ademais dunha listaxe para descargar, haberá un plano virtual en Google  Maps en que se recollerá a cada un deles.

    • Tamén se pode pedir a listaxe de locais participantes enviando un  whatsapp ao número 644 637 444.

    • Os locais estarán identificados cun cartel anunciador do Samaín  Meigallo.

  • Prevención fronte a situación sanitaria:

    • Dado que son máis de 50 os locais participantes, non haberá concentración de nenos en ningún deles. En todo caso cada local tomará as medidas necesarias para garantir que se cumpren as restricións de aforo e de limitación de público.

    • Os grupos de nenos e os seus adultos acompañantes deberán observar as restricións decretadas pola autoridade sanitaria, non reuníndose máis de cinco persoas en cada un deles.

    • Así mesmo, cada local terá dispoñibles xeles desinfectantes e será persoal do local o que deposite os caramelos nas cestas dos nenos para evitar a manipulación dos doces por terceiras persoas.

Feliz Samaín!

APLAZADO

Polas novas restriccións sanitarias aprobadas no día de hoxe (30/10/20) aplázanse os actos de Samaín de Lugo Monumental

Lamentamos as molestias

bottom of page