Máis de 60 establecementos participan no Truco ou Trato do casco histórico, que terá novidades
O s
ábado día 29 ás 12 da mañá haberá un obradoiro de pintado de caras xestionado por Aluma Peluquerías e a libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.
Para o luns 31, a Asociación organiza, un ano máis, a exitosa actividade de "truco ou trato" na que este ano participan máis de 60 locais, que repartirán doces de balde aos nenos.
O tamén xa habitual fondo fotográfico, obra de Lucía Barrios, estará no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior.
Haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á colaboración da Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo.
Lugo Monumental retoma un ano máis as actividades de Samaín, e engade ao seu xa coñecido "truco ou trato" e o fondo fotografico, dúas actividades máis: un obradoiro de pintado de caras e un pasarrúas.
Obradoiro:
Terá lugar o sábado día 29 dende as 12 da mañá na Praza de San Marcos, fronte á Deputación Provincial. No caso de que o tempo non o permita, o obradoiro se trasladará ao salón de actos da Deputación.
O obradoiro consistirá nunha demostración feita polos maquilladores de Aluma Peluquerías, que levarán varios modelos de maquillaxe de Samaín e explicarán aos pais e nais dos nenos cómo facer unha caracterización.
É preciso anotarse na libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.
Fondo fotográfico e Truco ou trato:
O día 31 estará instalado o habitual fondo fotográfico deseñado por Lucía Barrios no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior.
Ese mesmo día haberá a exitosa actividade de Truco ou Trato
O funcionamento non pode ser máis sinxelo: máis de 60 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.
• Listaxe de establecementos
Na web www.lugomonumental.es estarán as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.
PLANO: Plano de establecementos
• Días e horarios:
O Truco ou trato será o día 31 (luns) e os horarios serán os de cada establecemento.
• ¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
• ¿É necesaria inscrición?
Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais.
Pasarrúas:
O día 31 entre as 19:30 e as 20:30 horas haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á financiación conxunta, froito da colaboración entre a Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo a través da iniciativa Localmente Lucense.
O pasarrúas será moi vistoso, xa que combina personaxes de medo e incluso lume, polo que animamos a todos os lucenses a buscalo polas rúas do centro amurallado.
Comments