Os nenos de Lugo poderán ‘‘asustar’’ aos comerciantes na nova edición do Truco ou Trato
No ano 2019 fíxose por vez primeira o Truco o Trato do casco histórico, cun excepcional éxito entre os máis cativos. A Pandemia fixo que se aprazase a edición de 2020, que lamentablemente tivemos que anular polas posteriores circunstancias, pero este ano volta esta marabillosa actividade.
Os días 29 e 30 de outubro (venres e sábado) medio centenar de establecementos repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza.
Na praza do Campo Castelo, grazas á colaboración de Ajuar Decoración, estará instalado un fondo para facerse fotografías no escaparate deste comercio.
A pandemia fixo que a edición do 2020 do Truco ou Trato se aprazase e, despois, se suspendese por mor da situación sanitaria. Neste momento, a case normalidade que vivimos fai que recuperemos unha actividade que no 2019 foi un éxito rotundo: o Truco ou Trato.
O funcionamento non pode ser máis sinxelo: medio centenar de establecementos repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tanto establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.
Listaxe de establecementos
Mañá xoves publicarase na web www.lugomonumental.es un plano de situación dos establecementos participantes.
Días e horarios:
Xa que o día 31 cae en domingo e a maioría dos locais están pechados, farase o truco ou trato os días 29 e 30 de outubro (venres e sábado).
Os horarios serán os de cada establecemento.
¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
É necesaria inscrición?
Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces.
Opmerkingen