Un sorteo con 500 euros en premios animará o Truco ou trato de Lugo Monumental
- lugomonumental
- hace 3 días
- 2 Min. de lectura

O venres 31 de outubro a partir das 17:00 horas a Asociación organiza, un ano máis, a exitosa actividade de "truco ou trato" na que este ano participan uns 75 locais, que repartirán doces de balde aos nenos.
Coma novidade haberá un sorteo en Instagram no que haberá 5 premios de 100 euros cada un en vales para gastar nos locais participantes nesta iniciativa.
O “Truco ou Trato” volve un ano máis ao casco histórico da cidade da man de Lugo Monumental e os máis de 75 puntos de distribución de doces que se poderán consultar, coma é habitual, nun mapa interactivo de Google que a Asociación publicará o día 30 de outubro nesta web.
O día 31 de outubro dende as 17:00 horas, os locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén 2.500 bolsas decoradas ao xeito de cabazas.
Días e horarios:
O Truco ou trato será o día 31 (venres) dende as 17:00 horas, aínda que os horarios estarán limitados aos de cada establecemento.
¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
¿É necesaria inscrición?
Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais participantes.
Para participar no sorteo en Instagram tampouco será precisa inscrición previa.
Sorteo en Instagram:
A Asociación organiza este ano por primeira vez un sorteo na rede social Instagram, e repartirá 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra a gastar nos establecementos participantes na iniciativa.
Para participar no sorteo simplemente será preciso subir unha foto a Instagram dos nenos participantes no Truco ou Trato na que se poda recoñecer un establecemento participante ou etiquetalo, poñendo tamén os hastag #LugoMonumental e #TrucoouTratoLugo2025.
Consulta aquí as bases:
Bolsas de papel en vez de cabazas de plástico:
De novo a Asociación optou por bolsas de papel, seguindo criterios de ecoloxía, e coa vantaxe de que están fabricadas en Lugo, na empresa VrioPack que está no Ceao. Deste xeito, non só se beneficia a firmas locais senón que se elimina unha gran cantidade de plásticos ao usar estas bolsas de papel.
Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.




























